martes, 18 de noviembre de 2008

2º MOMENTO - VENRES 14 NOVEMBRO


No día de hoxe participaremos da visualización da película das tres mellizas e o mundo do cine. Entre os protagonistas de esta história atópase o mago Melies. Trataremos con máis detalle a figura de Melies e máis concretamente da imaxe da lúa da película Viaxe a lúa por medio dunha aplicación Jclic na que terán que xogar coas pezas dun crebacabezas. De seguido debuxarán nun folio a xa ben coñecida lúa para acabar traballando no libro de Menta unha ficha sobre os medios de comunicación onde terán que elexir aquel medio que lles parece máis adecuado para comunicarse en vacacións cos seus amigos.

No hay comentarios: