martes, 18 de noviembre de 2008

4º MOMENTO - MARTES 18 NOVEMBRO



Menta e Mimo atopan na súa maleta moitos xoguetes ópticos que os poderemos ver a través dunha presentación Jclic. Entre eles está o taumátropo, un xoguete circular suxeito por unha corda a cada lada que o faremos xirar e... Facemos un cada un na aula.

Presentamos outro dos xoguetes, o libro flick. Pintarán un libro animado no que Braulio bolechas será o protagonista xogando o balón.

O final deste día decidimos facer un ciclo de cinema. O primeiro filme a proxectar será Charlie y la fábrica de chocolate. Teremos que facer todos os preparativos para levar a cabo a función.

3º MOMENTO - LUNS 17 NOVEMBRO



Menta hoxe nos presenta un novo amig@ chamad@ Mimo, este personaxe vai sempre cargado cunha maleta, a maleta imaxinaria. Esta caixa está chea de imaxes, o primero que aprenderemos será como funciona eso do mundo do cinema a través do conto en papel e en power point Os bolechas queren saber como se fai o cinema. Xa rematado o conto inventamos unha historia que contará con directores, guionistas, actores e actrices, e por suposto o cámara. os guionistas deciden que na súa historia os personaxes serán un dragón, unha princesa, un cabaleiro e un cabalo. Acción!

2º MOMENTO - VENRES 14 NOVEMBRO


No día de hoxe participaremos da visualización da película das tres mellizas e o mundo do cine. Entre os protagonistas de esta história atópase o mago Melies. Trataremos con máis detalle a figura de Melies e máis concretamente da imaxe da lúa da película Viaxe a lúa por medio dunha aplicación Jclic na que terán que xogar coas pezas dun crebacabezas. De seguido debuxarán nun folio a xa ben coñecida lúa para acabar traballando no libro de Menta unha ficha sobre os medios de comunicación onde terán que elexir aquel medio que lles parece máis adecuado para comunicarse en vacacións cos seus amigos.

1º MOMENTO - XOVES 13 NOVEMBRO

Hoxe comenzamos un novo proxecto na aula de 5 anos da escola Manuela Rial Mouzo.

O proxecto recibe o nome de Menta e a maleta imaxinaria no que traballaremos coa temática dos medios de comunicación.

O elemento motivador vai a ser o conto do método da editorial sm: Outra vez vacacións! no que seremos partícipes de como os nen@s da aula de Menta se van de vacacións e se imaxinan a aqueles sitios ós que poderán viaxar...

De seguido traballaremos nas actividades do propio conto relacionadas con esas vacacións.

Ademáis inventarán unha historia con imaxes fotográficas que xa tiñan sacado eles mesmos, mediante unha libreta chamada "a cámara viaxeira". A cámara a levará cada día un alumn@ a súa casa.